Archivos Mensuales: julio 2012

GALICIA CANÍBAL: primeiros pases xerais

Pois hoxe foi o primeiro pase completo! A verdade é que quedei cun moi bo corpo. De repente ves como encaixa todo: o vestiario, os gráficos, o estilismo, os bailes, os personaxes, o son, a rexiduría, …. todas as pezas encaixan para formar parte do Galicia Canibal definitivo a través dun equipo de dirección, encabezado por Quico, que fai que pareza que as cousas aparezan, funcionen, i estén cordinadas de repente como por arte de maxia.

A verdade é que se traballa a gusto. O equipo é bo e o ambiente cálido… e inda por riba as situacións teatrais son superdivertidas e as cancións teñen moita enerxía. Non é un musical común.

Ante alguna das preguntas que algún me fixo contestarei:

1//Non é hortera, as cancións son rollo punk-rock dos 80 tocadas e interpretadas con ese estilo.

2//Non é cutre: e unha producción do copón… hoxe flipei cos gráficos.

3//Si, en Galicia pódense facer cousas moi boas.

4//Sí, merece a pena.

Vémonos na estre en Vigo o día 12 de Xullo!